A Federacion de Industria de CCOO de Galicia vén de tramitar solicitudes de xuntanzas a Beatriz Mato, así como ao director xeral de Adolfo Domínguez SA e á responsable do Departamento de Recursos Humanos, Estanislao Carpio e Rosa Vega.

 

O sindicato quere analizar con eles a situación da empresa, «debido ao goteo de despidos que se están producindo nos centros de produción de Ourense e para coñecer o proxecto de futuro da mesma”.

Dende CCOO esperan unha rápida resposta ás súas peticións de interlocución institucional e empresarial coa finalidade de poder poñer enriba da mesa o verdadeiro estado da situación e, así mesmo, para poder coñecer as pretensións de futuro da empresa, especialmente no que se refire a xestión, produción e mantemento do emprego.