A Administración local vén de poñer en marcha o proceso de contratación para as obras de acondicionamento do acceso á parroquia de Meire.

Cun importe de 95,017 euros, as obras permitirán a mellora da rede viaria municipal, seguindo o plan de mantemento anual que leva a cabo a administración local.

A reparación das estradas realizarase cun novo sistema de aglomerado en frío que garante unha maior duración e unha maior seguridade. Así, os núcleos de Meire, Rial ou Fondevila verán mellorar os seus accesos.

As empresas do sector foron convidadas a participar no proceso de cotnratación. Logo da presentación de propostas farase a selección atendendo ás mellores condicións que se ofrezan na execución da obra. Prevese comezar as obras antes do verán.

O prego de cláusulas administrativas pódese consultar no perfil do contratante na páxina web www.allariz.com.