O Servizo de Deportes do Concello de Verín organiza, con motivo da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ 2015, un Torneo de Natación o 21 de marzo, a partir das 10 horas, na Piscina Climatizada de Verín.

 

Nesta edición, e por primeira vez, serán seis os equipos participantes neste torneo deportivo. Os mesmos proceden de diversos puntos da provincia e do norte de Portugal: Piscina Climatizada de Allariz, Clube Nataçâo Chaves, Piscina Climatizada de Xinzo de Limia, Flavitus Nataçâo Clube, Serviocio Ourense e Club de Natación de Verín.

A convocatoria vai dirixida a nadadores de ambos sexos, sen licenza federativa en vigor, que competirán na categoría de prebenxamín (nados/as nos anos 2007 e 2008), benxamín (nados/as nos anos 2005 e 2006), alevín (nados/as nos anos 2003 e 2004), infantil (nados/as nos anos 2001 e 2002), e cadete (nados/as nos anos 1999 e 2000); e nas seguintes probas: costas, croll, braza e relevos.