Plataforma Pro Campus

Estarán ”vixiantes” neste ano “tan electoral” para que a súa implantación non sexa unha “carreira de obstáculos” como pasou con Enxeñaría Física.

 

A Plataforma Pro Campus valora positivamente a posible implantación de Enxeñaría Aeroespacial no campus de Ourense. Membros deste colectivo compareceron ante os medios de comunicación para avaliar a noticia que fixo pública o reitor este martes. O profesor Claudio Cerdeiriña, que estivo presente no Consello de Campus onde Salustiano Mato deu a noticia, afirmou que viu “un proyecto muy sólido, muy bien fundamentado, se ha hecho un trabajo en el Rectorado de la Universidad de Vigo muy bueno”.

Segundo Cerdeiriña, a proposta desta nova titulación “responde a lo que veníamos reclamando, unos estudios para el campus que tuvieran contenidos fuertes en física y matemáticas”. Con todo, o profesor puntualizaba que esta enxeñaría “no es a coste cero, va a requerir una inversión” e que ten que pasar aínda moitos filtros para ser unha realidade. Por iso demandaba da Xunta de Galicia, que ten a última palabra, “apostar con firmeza” por esta Enxeñaría Aeroespacial.

Na mesma liña, o seu compañeiro de plataforma, o sindicalista Etelvino Blanco, anunciaba que permanecerían “vixiantes” neste ano “tan electoral” para que a súa implantación non sexa unha “carreira de obstáculos” como pasou con Enxeñaría Física, que por dúas veces foi rexeitada.