O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana a actuación do grupo B Vocal – venres ás 20.30 h -, e Escuchando Elefantes – sábado ás 20.30 h -.

B Vocal, volve a Ourense tras anos desde a súa última actuación, esta vez co espectáculo «Diversiones Originales», composicións propias que reflexan a variedade de estilos e influencias que caracterizan ao grupo. Unha amalgama de estilos que coma o rap, pop, ou música clásica, que nos recordan que para B Vocal todo é capelizable.

Un día máis tarde, tamén ás 20.30 h, será o turno de Escuchando Elefantes, que chegan ao Auditorio tras unha dilatada traxectoria en grande parte influenciada pola súa paixón por tocar nas rúas, nas que se formaron como músicos. En 2012 publicaron o seu primeiro album de estudio editado de forma totalmente independente recibindo unha xenerosa acollida por parte do público.

Finalmente o domingo ás 12 h temos a cita habitual co público infantil coa actuación de «La vuelta al mundo», onde Phileas Fogg propón aos membros do Reform Club londinense a aposta desatinada de dar a Volta ao Mundo en 80 días axudado polo seu criado. Está recomendada aos maiores de 6 anos.

O venres a Banda Municipal de Música de Ourense ofrecerá o concerto semanal no Liceo ás 20 h.