Presentación de Jesús Vázquez como candidato

Nun acto nun ateigado Centro Cultural Marcos Valcárcel, Jesús Vázquez afirmou que a súa obsesión será «devolver Ourense á normalidade. E para elo ofrezo traballo, ilusión, claridade e respecto”.

O Edificio Simeón acolleu na tarde do luns a presentación da candidatura de Jesús Vázquez á Alcaldía de Ourense, un acto no que estivo arroupado polo presidente local, Rosendo Fernández; polo presidente provincial, Manuel Baltar; e polo presidente autonómico do PP, Alberto Núñez Feijóo.

Tralas palabras de benvida de Rosendo Fernández, o presidente provincial, Manuel Baltar, reiterou a súa confianza nunha rotunda victoria do PP nas urnas do 24 de maio. “Jesús Vázquez devolverá á cidadanía un Ourense a cor, despois de oito anos en branco e negro”. Ademáis, recalcou que só o PPOU está en condicións de ofrecer un goberno sólido e solvente que poña en marcha un proxecto de cidade e que sexa capaz de devolver a ilusión aos veciños e veciñas da cidade.

Nos mesmos termos se expresou o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, quen lembrou que a capacidade xestora de Jesús Vázquez quedou sobradamente demostrada nos últimos seis anos, formando parte do Executivo Autonómico. Tamén tivo palabras de agradecemento Feijóo cara o actual portavoz do PP en Ourense, Rosendo Fernández polo traballo realizado neste último mandato. No tocante ao candidato popular, destacou que “Ourense vai volver camiñar pola rúa do progreso da man de Jesús Vázquez, que fará o que outros levan catro anos discutindo”.

O candidato popular á alcaldía de Ourense, despois de agradecer a gran acollida da súa candidatura, articulou un discurso en torno a varias necesidades: mudar entre todos o pesimismo por ilusión; a recuperación da normalidade no Concello; que os ourensáns se sintan orgullosos dos políticos que os representen; o respecto, a claridade e a proximidade dos membros da Corporación; a búsqueda dun modelo de cidade inclusivo e con propostas realistas; e a recuperación do papel da participación cidadá.

Ao falar da necesaria ilusión, Jesús Vázquez incidiu en que para mudar o pesimismo en ilusión, é preciso “volver á época da ilusión de cando gobernou esta cidade o Partido Popular. Eu ofrézovos traballo e ilusión por poder liderar un proxecto que cada día que pasa creo máis necesario que nunca. Un proxecto que ha de ilusionar a todos e todas. Un proxecto de crecemento e futuro para Ourense, para a nosa cidade”.

No relativo á recuperación da normalidade no Concello, calificou o candidato esta premisa como “unha obsesión”. “Son moitas as persoas que estes días en reunións ou pola rúa fálanme da necesidade de pasar páxina, de non volver repetir o que se viviu estes catro anos. Da necesidade de que se sintan a gusto representados pola súa corporación. Pero tamén me falan da necesidade de unir voces, de unir mans ante problemas que nos afectan a todos. Pero tamén me falan dos seus problemas cotiáns, que vai desde o problema máis pequeno individual ao máis grande colectivo. Ten que ver coa súa rúa ou o seu parque pero tamén coa necesidade de que atopemos solución á mala situación económica”.

“Necesitamos respecto, claridade e proximidade dos políticos. Respecto á institución que representamos, respecto á ciudadania, á cidade de ourense. Respecto ás propostas que fagamos, é dicir, respecto á palabra dada. O que se diga que se faga. Claridade, nas nosas decisións. E cercanía aos nosos veciños antes e despois das eleccións. A prioridade dun político debe ser o contacto cos veciños”, recalcou o candidato do PP en Ourense.

Tamén incidiu Jesús Vázquez na necesidade de recuperar a participación cidadá en todos os ámbitos municipais, “aproveitando o tecido asociativo e entidades existentes e tendo como eixe principal a educación para unha cidadanía activa e comprometida. O protagonismo ten que volver á cidadanía”.