A Xunta de Goberno Local acordou iniciar o expediente de contratación, do proxecto de urbanización do acceso entre a rúa Francisco Llorens, e a rúa Velázquez, coa que se dará acceso, tanto peatonal como viario, ao novo edificio xudicial, situado no barrio do Couto.

 

A actuación, que conta cun investimento de 242.000 euros, ten coma principal obxectivo resolver a accesibilidade exterior e a rede viaria interior, salvando a diferencia de cota ou altura, existente na actualidade entre a rúa Francisco Llorens e a rúa Velázquez, que posibilite o acceso viario, inclusive de vehículos de emerxencias, e peonil, e dotar o novo acceso das infraestruturas necesarias para o novo vialcoa instalación de rede de abastecemento de auga, alcantarillado, drenaxe, alumeado público e telecomunicacións.

A actuación solventa o actual problema topográfico, coa construción dun muro de micropilotes que separa a zona de tráfico rodado do peonil, e a construción dunha rampla para o segundo. A execución da rampa de conexión dos dous viais afecta ao muro de contención contiguo do pozo de Bombeo do Couto, que se ampliará para o sostemento e contención de terras, e dotar de uniformidade visual do conxunto.

A intervención conta coa introdución da rede de drenaxe e pluviais e a dotación das infraestruturas e servizos necesarios para o seu funcionamento: rede de abastecemento, alumeado público. Co obxecto de dotar á zona dunha
iluminación óptima, tanto dende o punto de vista luminotécnico como económico, instalando luminarias con sistema de telexestión de eficiencia enerxética, e a canalización da rede de telecomunicacións.

Con respecto á intervención estética, estará formada por unha combinación de acabados en formigón, con pavimento de pedra de granito gris alba e zahorra artificial e bordos de pedra granítica aserrada.

Todo o itinerario peonil accesible empregará pavimentos táctiles, optimizando as condicións de accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida, dispondo de indicadores direccionais e de advertencia e proximidade.

Rematarase a actuación coa colocación do mobiliario urbano necesario: bancos de pedra granítica gris, para aportar continuidade visual con respecto ao novo pavimento, papeleiras de aceiro e chapa, varanda de aceiro inoxidable para diferenciar as dúas zonas, viaria e peonil e favorecer a accesibilidade, e incluiranse 10 unidades da especie arbórea «prunus» e 36 unidades de arbustos «azalea» e lila, e a plantación de 50 unidades de gramíneas, para dotar dun espazo verde á urbanización.

Esta intervención implica a posibilidade de abrir un cómodo e renovado acceso á nova sede do Edificio Xudicial e supón unha rehumanización e revaloración desta zona no barrio do Couto, ao tempo que toda a zona na que se incluirá posteriormente o centro de saúde dun novo viario que facilita o acceso á zona.