O voceiro nacionalista, Alberto Rodríguez, achaca o vertido a un mal funcionamento da depuradora recentemente instalada na zona.

 

Fai uns días o BNG de Monterrei detectou residuos contaminantes nunha canle de aproximadamente un quilómetro pola que decorren as augas residuais procedentes do pobo de Sandín, augas que tamén inundan as parcelas lindantes e que eliminan a vexetación por onde pasan.

Recentemente instalouse unha depuradora a escasos metros do vertido que inicialmente estaba prevista para depurar as augas de Sandín e de Flariz. “Pero a realidade é que as augas residuais de Sandin a poucos metros da depuradora impídeselle deliberadamente o paso a canalización existente ata a depuradora obrigando a desembocar as augas na acequia que desemboca no rio Souto”, denuncia o voceiro nacionalista, Alberto Rodríguez.

Segundo os nacionalistas, este feito xa foi denunciado en repetidas ocasións polos veciños no Concello de Monterrei “atopándose sempre con respostas evasivas”. Como consecuencia, dende o BNG instan ao Concello “a abrir unha investigación sobre o motivo de ditos vertidos e esiximos a inmediata limpeza sa zona afectada”.