A conferencia terá lugar no Centro Cultural «Marcos Valcárcel» ás 20:15 horas.

O produtor musical internacional Pino Sagliocco, chairman de “Live Nation España”, ofrecerá o venres, ás 20.15 horas, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” unha conferencia titulada “35 anos de Rock&Roll”, dentro das actividades da Ourense ICCWeek.

O seu carácter visionario e innovador permitiulle a Pino Sagliocco ser o executor dos maiores concertos internacionais. Entre as súas achegas destaca a fusión lograda en 1990 entre a ópera e o rock, con Montserrat Caballé e Freddy Mercury, lanzando ao mundo dende Ibiza o célebre himno “Barcelona”.

O programa de actividades da Ourense ICCWeek do venres complétase con charlas técnicas sobre produción e unha masterclass de vídeo-creación, que se desenvolverán no Pazo dos Deportes “Paco Paz” de Ourense. Na sesión da mañá (de 11.00 a 14.00 horas) os especialistas en son Gabriel Solsona (TVE) e Manuel Cora (Codicine) falarán sobre “Métodos vangardistas en produción e post-produción do audio multicanal para Broadcast e Cine”, mentres que pola tarde (de 16.00 a 18.00 horas), Juanjo Fernández (GnomaLab) ofrecerá unha masterclass de “Vídeo-creación e mapping”.