Celebrarase en Allariz do 30 de maio ao 7 de xuño.

A Asociación Cultural Xan de Arzúa, xunto co Concello de Allariz, veñen de presentar unha nova edición da Festa do Boi, que se celebrará do 30 de maio ao 7 de xuño e que inclúe na súa programación varias novidades.

Este 27 de marzo foi dado a coñecer a todos os medios de comunicación o programa de 2015, e o sábado 28 será feito público para toda a sociedade, nun acto que terá lugar ás 19 horas na Casa da Cultura, e que contará coa actuación do grupo de música antiga Ars Anterga, así como a dos cativos do Colexio Padre Feijoo.

Carreiras (para maiores e cativos), concursos, roteiros, pasarrúas, comidas populares e moita música serán algunhas das actividades que inclúe esta edición.