Foi acondicionado dentro dun obradoiro de emprego no 2011. Na actualidade, o seu deterioro é tal que nin se pode utilizar para practicar este deporte nin ningunha outra actividade.

Un grupo de veciños do Bolo, contrarios ao goberno popular do municipio, vén de mostrar publicamente, a través dun grupo de Facebook denominado “Dende a solaina do Castelo do Bolo”, o seu descontento co estado actual no que se atopa o campo de fútbol do seu municipio, que foi acondicionado en 2011 dentro do obradoiro de emprego “Terras do Bolo”, promovido polo Concello e subvencionado pola Consellería de de Traballo.

“Parece que estamos vendo un realidade incoherente. Nin semella campo de fútbol, e menos acondicionado…”, denuncian. “E o de subvencionado, pregúntome eu: se unha persoa física, un particular, cando recibe subvención e incrumpre a finalidade para a que foi destinada, recibe sanción e normalmente ten que devolvela con recargos, e que pasa cos entes públicos?”, cuestiónase Begoña Macías, membro deste grupo.

Ademais, denuncian que se lles está privando dos seus dereitos, ó non poder gozar nin do campo de fútbol nin darlle outras finalidades a este espazo para practicar diversas actividades no mesmo. “É intolerable”, recalcan. E piden aos responsables políticos “un pouco de empatía, de respecto aos cidadáns, porque eses cartos da subvención son de todos e foron destinados para unha finalidade totalmente incumprida”. conclúen.