Os militantes de San Cibrao das Viñas reelexiron en asemblea á concelleira Bibiana Iglesias como candidata á alcaldía nun Concello onde «gobernar os socialistas empeza a ser unha necesidade».

 

«Coas mesmas gañas que fai catro anos, con ilusión renovada pero con moita mais experiencia e consciencia, me presento a estas eleccións para facer política, achegarnos aos veciños e traballar para eles», dixo a candidata.

«Nun concello de 5.000 habitantes, onde radican os tres polígonos mais importantes da provincia, co tecido empresarial co que conta San Cibrao, non se entende que o actual grupo de goberno non sexa capaz de facer deste concello o referente de Ourense. Os socialistas e as socialistas concurrimos as eleccións municipais, para facer de San Cibrao un Concello exemplo de emprego, de loita pola igualdade, e de oportunidades para todos os que residen aquí», engade o comunicado da socialista.