Compromiso por Galicia en Barbadás

Ramón Padrón Calviño encabeza unha «potente» candidatura de 30 persoas, 17 titulares e 13 suplentes que buscan entrar con forza no concello.

Unha iniciativa veciñal xurdida será a candidatura de Compromiso no concello de Barbadás. Este domingo 19 de abril foi a presentación da mesma no local social de San Lourenzo de Piñor, onde se xuntaron arredor de medio cento de veciños para apoiar ás 30 persoas que configuran a lista.

A candidatura está formada por persoas procedentes de todos os ámbitos profesionais (amas de casa, do mundo da empresa, traballadores e directivos, pequenos empresarios e comerciantes, autónomos, persoal do servizo público, voluntarios, estudantes…); persoais e culturais co único obxeto de servir de ferramenta para que o concello medre en tódolos ámbitos (social, cultural e civil) e contribuir así ao progreso de Galicia.

A agrupación xurde ca idea de impulsar iniciativas dende os veciños e cidadáns para devolver a política do ben común os seus verdadeiros protagonistas, aos que os seus gobernantes deixaron nun segundo plano.  Para iso «levaránse a cabo reunións de traballo coas asociacións de veciños e coas parroquias para coñecer as verdadeiras carencias e necesidades e poder actuar sobre elas, sempre contando directamente e a pé de rúa cos veciños, potenciando a democracia viva no Concello e actuando con equidade e xustiza», anuncian nun comunicado.

Xunto con Ramón Padrón estarán do segundo ao décimo posto respectivamente, Dolores Ceballos, Marta Fernández, Pablo Ramos, Manuel Varela, Daniel Conde, José Carlos López, María da Concepción Rodríguez, Esperanza Carrera e Miguel Ángel de la Torre.