O candidato, de 55 anos, é natural de Muiños. Mestre prexubilado, realizou a súa actividade profesional nesta localidade como director das oficinas de Caixa Galicia, Novagaliciabanco e Abanca ao longo de máis de 25 anos.

 

Rodríguez Dobaño, xunto coa agrupación socialista deste municipio ourensán, decidiu dar un paso adiante para representar as inquietudes dos e das progresistas de Muiños. Como reto principal plantéxase «a democratización e transparencia da actividade municipal que nestes momentos estase exercendo de forma absolutista e caciquil».

«O Concello ten que ser un foco de desenvolvemento onde as persoas de Muiños se vexan representadas e apoiadas, as instalacións municipais teñen que ser espazos para a comunidade desde os que se promova a cultura e a eficiencia a través de un uso adecuado», indican os socialistas de Muíños. O Concello ten que ser o implicarse de forma activa cos servizos sociais, mellorando a calidade de vida dos maiores e dependentes así como das súas familias, engaden.

Dende a candidatura do PSdeG_PSOE , José Luis e o equipo que o acompaña queren facer unha forte aposta polo desenvolvemento económico, social e cultural do municipio de Muiños co obxectivo de frear a despoboación e fixar poboación. Neste senso consideran «dramático» o desemprego xuvenil, que será unha aposta principal. «É preciso pór en valor os recursos autóctonos, a paisaxe e o entorno natural así como a oportunidade das infraestruturas para acadar oportunidades no rural», apuntan.

Entre as medidas que se proporán para acadar estes obxectivos destaca a posta en valor dos recursos das Comunidades de Montes, a transformación e aproveitamento dos recursos forestais e o fomento dun turismo ordenado, destemporalizado e que achegue dinamismo a vila. Outro dos aspectos relevantes do seu programa será o apoio a iniciativas empresariais que promovan emprego.