Lista do PP en Allariz

 A candidata popular, Luz Doporto Real, sinalou que a candidatura que a acompaña ten unha marcada vocación de goberno «a capacidade, o mérito e a igualdade serán o noso sinal de identidade, a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz. Queremos igualdade de oportunidades».

A Casa da Cultura de Allariz acolleu este domingo a presentación da candidatura que o Partido Popular levará ás Eleccións Municipais do vindeiro 24 de maio. A lista, liderada pola candidata e actual portavoz municipal, Luz Doporto Real, loitará pola igualdade de oportunidades. Cunha marcada vocación de goberno, «a capacidade, o mérito e a igualdade serán a nosa marca persoal para acabar cos contratos a dedo no Concello de Allariz».

Luz Doporto sinalou tamén que hai catro anos, non só perdeu o PP as Eleccións Municipais, «senón que as perderon todos os alaricanos. Retrocedemos máis de dez anos, e dende 2011, o único que recibimos os habitantes de Allariz foron subidas de impostos e taxas municipais, situándonos como o terceiro concello de Ourense en maior débeda por habitante, e o cuarto de toda Galicia en adicacións exclusivas do goberno». Por último, a candidata avanzou que «Allariz experimentará unha hova revolta veciñal, pero será nas urnas o vindeiro 24 de maio».

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, recalcou que “o PP de Allariz ten equipo e ten programa, dúas claves para acadar os mellores resultados o 24 de maio».

Acompañana a Doporto na lista popular José Daniel Rodicio, María del Carmen Pérez, Miguel Ángel Rodríguez, María Consuelo Álvarez, José Antonio Cid, José Manuel Quintairos, Celia Feijóo, José Ángel Grande, María Inés Gulín, Beatriz Bueno, Alberto Conde e Javier Cid. A maioría está en sete concelleiros.