Sufrida vitoria da UD Ourense contra o Sporting Carballiño para proclamarse campión do grupo 13 da Terceira Autonómica.

Houbo que esperar pero xa chegou. A UD logra o título de campión de Liga na súa primeira historia de vida. E o fixo non sen poucos apuros.

Durante a primeira parte o marcador non se movería e a ocasión máis clara foi do Carballiño quen fallaría un penalti que paraba Héctor.
Na segunda metade pasaban os minutos e o marcador non se movía ata que Adolfo lograba o 0-1. Parecía que a vitoria estaba no peto pero os locais lograban empatar a falta de dous minutos para os 90. Cando todo indicaba que o alirón pospúñase para outra xornada chegaba o gol de Fran Álvarez (no tempo engadido), para xubilo dos afeccionados unionistas desprazados ata Espiñedo.

Tres xornadas
Agora so faltan tres xornadas para que remate a Liga e aos homes de Antonio Dacosta so lles queda o reto de rematar a competición invicto. Parada de Sil, Palmés -segundo clasificado- e Loureiro son os rivais ata o final da Liga.