Propostas do BNG sobre o bus urbano

A candidata nacionalista Susana García considera «sospeitoso» que o goberno do PSOE queira «deixar atada» unha concesión nos últimos días do mandato.

García declarou que resulta «moi sospeitosa» a presa que ten o goberno de Ourense en aprobar a nova concesión do servizo de autobuses urbanos “ao candidato do PSOE, José Ángel Barquero, éncheselle a boca falando de remunicipalización de servizos e agora quere deixar atada unha contratación nos últimos tres días do goberno”.

Dende o BNG-Asembleas Abertas solicitan que se retrase a aprobación do expediente e se saquen os pregos a exposición pública para que a cidadanía e os colectivos e entidades sociais acheguen propostas, para de definir as necesidades do transporte urbano para garantir un sevizo que cubra o conxunto dos barrios e da poboación da cidade.

En febreiro o Bloque presentara unha moción pedindo que se abrira un prazo de consulta e achegas dos grupo políticos e dos cidadáns previo a súa aprobación. Daquela o PSOE votou en contra argumentando que a lexislación que regula as contratacións administrativas non contempla este tipo de trámites.

Propostas do BNG

En clav e preelectoral, o BNG-Asembleas Abertas promete pór en marcha campañas informativas para fomentar o uso do bus urbano»facilitando o acceso universal ao bono-bus e mellorando a rede de líneas que na actualidade se centra na rúa do Progreso e no Parque de San Lázaro».

Tamén queren mellorar as frecuencias para asegurar «unha agarda non superior a 10/15 minutos e 30/40 nos núcleos rurais, reducindo a duranción e/ou lonxitude dos percorridos e asegurando a puntualidade».

Outro dos compromisos que anunciou a candidata do BNG-Asemleas Abertas foi a conexión entre os barrios e destes coas dotacións culturais e deportivas da cidade.