O Club Natación Pabellón Ourense proclamouse subcampión da Liga Galega de Clubs.

A fase final disputouse na piscina «Rías do Sur» de Pontevedra. O conxunto ourensán acadou un total de 620 puntos por detrás do vencedor, o Club Natación Galaico que logrou 701. As vitorias individuais dos ourensáns correron a cargo de Laura Pimentel, Marc Ciurana, Daniel Caamaño e Alberto Taboada.

O podio completouno o CDN Cidade de Santiago (544 puntos). Cuarto foi o Club del Mar San Amaro, 510 puntos; quinto o Club Natación Ferrol, 479 puntos e sexto o Club Natación Coruña con 419 puntos.

Para a vindeira tempara o CNPO continuará na División de Honra. Pola súa banda Ferrol e Coruña descenden, mentres que ascenden os conxuntos de Primeira, CN Arteixo y Fluvial de Lugo.