Os nacionalistas acusan ao rexedor popular de formigonar airas particulares con cartos destinados ao acondicionamento do pobo de Gomareites.

 

O BNG acusa ao alcalde Julio Pérez Carballo dun uso «partidista» dos recursos municipais «para conseguir votos». «É isto o que o Partido Popùlar entende por rexeneracion democrática?», pregúntanse.

Os nacionalistas tamén informan da realización de «pistas en rede Natura subvencionadas pola Consellería de Medio Ambiente con refugallos das obras do Ave, levando incorporado plásticos e trozos de metais sen que ninguén se preocupa incluso despois de denuncialo no ultimo pleno».