Soar para centro de saúde do Couto

A contrución do centro de saúde non se ve afectada pola resolución e a execución das obras está garantida.

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández sinalou tras recibir a sentenza que anula a expropiación dunha das parcelas dos terreos nos que se está a construír o centro de saúde do Couto, que “a construción do centro de saúde, pode continuar, se rematará e se porá ao servizo da cidadanía”.

“Estamos ante unha herdanza máis, da anulación do Plan Xeral do 2003, pero a consecuencia non é a nulidade da cesión da parcela, senón continuar a discusión, en sede xudicial, da indemnización, cos propietarios. As obras do centro de saúde se están facendo, se seguirán facendo e están garantizadas», dixo o rexedor.

O Concello de Ourense recibiu comunicación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en virtude da cal, o tribunal entende que a anulación do Plan Xeral de 2003 “anula todas as actuacións expropiatorias que se deriven do plan habilitante, incluídos os expedientes para a fixación do xustiprecio”,

O ámbito ao que se refire estaba calificado no Plan Xeral do ano 2003 coma solo urbano non consolidado, a obter por expropiación para equipamento público.

O Concello obtivo por ese sistema un total de 9.329 metros cadrados para equipamentos públicos por un importe de 303.375 euros nun lugar óptimo para a cidade, á carón do río Miño e os terreos foron cedidos á Xunta de Galicia para a execución do centro de saúde do Couto.

A especial complexidade do ámbito fai que unha das parcelas, que forma parte do conxunto expropiatorio, sexa cuestionada polo Tribunal Superior de Xustiza anulando a expropiación.

Ante este feito, o Concello de Ourense, dacordo cos informes técnicos, presentará un incidente de inexecución, por imposibilidade material, xa que ao haberse cedido os terreos non se poden revertir, e acordarase, en sede xudicial, a eventual indemnización para o propietario da parcela, no caso de que corresponda.