Candidatura de Veciños de Monterrei

A Casa da Cultura de Albarellos de Monterrei acolleu a presentación da candidatura de Veciños de Monterrei, que encabeza Carmen Sola.

 

Unha gran cantidade de veciños achegáronse ata o local este domingo para coñecer de primeiraman as propostas desta nova formación, da que a súa candidata á alcaldesa, Carmen Sola, destacou que «ao ser un partido creado en Monterrei, e ao non pertencer a ningunha sigla política» terán total liberdade para traballar «por e para as persoas» deste concello. 

Sola recalcou que Monterrei merece un cambio, e ese cambio xérao candidatura de Veciños de Monterrei. A candidata foi presentando un a un os membros que forman parte da candidatura de Veciños de Monterrei, na que hai médicos, administrativos, mestres, un inxeneiro agrónomo, unha estudiante de traballo social, unha ama de casa, un desempregado, un traballador forestal, e un empresario autónomo.

Todos eles teñen como obxectivo común ser o movemento social que xere unha esperanza de cambio, «porque é o momento de darlle o aire fresco que necesita o noso Concello», indican nun comunicado.

Entre as prioridades do programa electoral desta agrupación, están «defender os servizos públicos, evitando o seu desmantelamento, qurtar o noso Concello do último posto de Galicia en taxa de desemprego, promover o asentamento de xente nova no noso Concello, e potenciar o sector agrícola, gandeiro e dinamizar os nosos montes».

Acompañan a Sola na lista Yolanda Domínguez, Javier Limia, Silvia Atanes, Susana Novoa, Geni Cordeiro, Manuel Vilaboa, Aurora Salgado, Sindo Medeiros, Nelson Fernández, e José María Manso.
Carmen Sola taménllelembrou os veciños que presenciaron o acto, que

Veciños asistentes ao acto achegáronlles propostas ao remate.