Socialistas de Xinzo entregan vasoiras ao PP

A candidata Elvira Lama afirma que “nos primeiros días de goberno poremos en marcha un Plan Integral de Limpeza das rúas, dos parques infantís e das instalacións deportivas hoxe cunha hixene deficiente”.

 

A candidata socalista, acompañada por membros da súa candidatura, fixo entrega este xoves no Concello de 9 vasoiras para os 9 concelleiros do grupo de goberno do PP “para ver si así por fin limpan as rúas de Xinzo”.

Neste senso Elvira Lama asegura que “o estado en que se atopan as rúas de Xinzo é lamentable, están sucias non, o seguinte e temos constancia de que isto pode derivar nun problema de salubridade”. Logo de que varios veciños puxeran en coñecemento da candidata de que se están empezado a ver ratas polos contenedores de lixo, “o cal non nos estraña xa que a recollida de lixo é deficiente e insuficiente”, sentenciou.

A candidata comprometeuse a “si os socialistas gobernamos nos primeiros 3 días poremos en marcha un Plan Integral de Limpeza e Desinfección das rúas de Xinzo alarmantemente sucias. Ademais, engadiu que “este plan leva consigo tamén a limpeza das instalacións municipais deportivas como o Pavillón o Campo da Moreira e a piscina climatizada que a día de hoxe se atopan en clara deficiencia hixénica”.

“Os veciños de Xinzo teñen dereito a un pobo limpo, a rúas limpas e as instalacións deportivas e de ocio limpas e onde se garanta a salubridade, xa que pagan os seus impostos, por certo cada vez máis abusivos fronte a uns servizos claramente máis deficientes”.

Durante estes catro anos nin o alcalde nin ningún dos concelleiros dedicáronse a facer o seu labor, o resultado é o mesmo que o do refrán “uns por outros e a casa sen varrer”.