A candidata á alcaldía de Ourense, Susana García, reuniuse co alumnado a Universidade Laboral para explicarlle as súas propostas.

 

Alumnos do IES Universidade Laboral achegaron aos candidatos do BNG-Asembleas Abertas a súa proposta para favorecer en Ourense o comercio xusto, local e sostible.

A candidata á alcaldía, Susana García, comprometéuse a destinar unha porcentaxe dos orzamentos do Concello para concienciar e informar á poboación sobre as ventaxas sociais, económicas e saudábeis dos produtos procedentes do comercio xusto, por exemplo a sua introducción nas cafetarías e comedores dos centros escolares.

Este proxecto de Solidariedade Internacional no que participa o IES Universidade Laboral ten como obxectivo que o alumnado reflexione sobre a procedencia das cousas que consumimos diariamente, a maior parte delas procedentes da explotación, das inxustizas e do enriquecimento dun poucos a costa do empobrecemento doutros, a nosa saúde e a nosa economía local.

O alumnado que participou neste encontro coincidíu coa candidata do BNG-AA na importancia de incluir cláusulas sociais nos contratos que conten con participación de fondos municipais para garantir unhas condicións laborais dignas.

Susana García tamén lles explicou que no programa de goberno “os nacionalistas adicamos unha parte importante das nosas propostas á promoción do comercio local e de proximidade porque contribue a modificar os hábitos de consumo, potencia a nosa economía sen intermediarios, favorécese o consumo de produtos naturais e saudábeis, facilita o autoemprego e xera riqueza”.