O voceiro socialista sinala como responsable á edil de Deportes, Consuelo Vispo, e ao coordinador, Modesto López.

O voceiro socialista, Xosé Carlos Valcárcel, considera que a concelleira de Deportes, Consuelo Vispo, demostrou que a súa capacidade de xestión das escolas deportivas de Barbadás “é máis ca dubidosa”, o que se debe ao malestar xeralizado de pais e nais do alumnado das escolas deportivas, ata tal punto que nos últimos meses numerosos alumnos foron abandonando progresivamente “os equipos nos que xogaron durante anos” e “varios entrenadores foron deixando tamén de prestar os seus servizos por desavenencias coa dirección”, lamenta o socialista. Para Valcárcel isto débese á mala xestión da concelleira e do coordinador, Modesto López.

Un dos motivos polos que existen estas desavenencias prodúcense a consecuencia do imcumprimento dos compromisos asumidos no seu momento por parte do coordinador, deduce Valcárcel, que sinala como culpable principal a Vispo, “ela foi a que se encargou de adxudicar a coordinación das escolas deportivas a Modesto López Nóvoa”, recalca.

Como consecuencia, dende o PSOE esixen unha solución a esta situación “para evitar a desestabilización das escolas e a saída de alumnos cara outros municipios”.