José Blanco na campaña socialista no Carballiño

Para Blanco, «votar PSOE é votar cambio e desenvolvemento. O cambio nos concellos e a antesala do cambio en España».

 

O ex ministro de Fomento José Blanco recorreu este sábado a provincia de Ourense apoiando aos candidatos socialistas.

Participou con Paco Fumega, a súa candidatura, e Pachi Vázquez no reparto de propaganda na feira do Concello do Carballiño onde dixo que os socialistas teñen a oportunidade de recuperar o dinamismo e a calidade de vida que o Carballiño perdeu cun goberno do PP.

En Baños de Molgas apoiando a Segundo Augusto González Hernández o exministro dixo que Baños non se merece o abandono dos recursos endóxenos
e a pasividade con que os gobernos do PP trata esta vila.

Finalmente Blanco participou nun mitin en Ramirás coa candidata Isabel Gil.