O Museo Arqueolóxico, Arquivo Histórico e a Biblioteca Provincial, estarán operativos antes de 2019.

 

Potenciar a cultura e o patrimonio da cidade será un dos eixos nos que Jesús Vázquez potenciará a actividade económica e social de Ourense.

Así será unha prioridade a posta en marcha neste mandato do Museo Arqueolóxico, o Arquivo Histórico e a Biblioteca Provincial. Convertirá así o goberno de Jesús Vázquez ao complexo de San Francisco no gran complexo cultural da cidade.

Neste recinto se creará tamén un edificio para o uso das asociacións e colectivos culturais da cidade, e onde terían ubicación entidades como a Fundación Quessada, por exemplo.

Jesús Vázquez fortalecerá tamén o Consello Municipal de Cultura como órgano asesor do labor cultural do Concello e coordinador de axendas, desenvolvendo unha coidada e transparente política de subvencións así como impulsando a cooperación e o aproveitamento de sinerxias entre as distintas administracións para unha xestión racional das infraestruturas culturais sitas en Ourense, a oferta dun mellor servizo e o establecemento dunha axenda cultural única.

O apoio decidido á industria cultural e aos seus creadores, auténticos sustentadores do sector cultural e un dos motores máis dinámicos e innovadores do crecemento económico, será outro dos eixos no que Jesús Vázquez sustentará a xestión cultural da cidade.