Compromiso por Galicia

Desde Compromiso por Galicia instamos a todas as forzas políticas a firmar un Pacto para a Aprobación do PXOM no 1º Ano de mandato.”

 

Xosé Mosquera anuncia que traballará por dar estabilidade xurídica a Ordenación do territorio en Ourense no menor periodo de tempo, deste xeito é preciso favorecer a chegada de novas inversións e posibilitar o desenvolvemento do plan termal na cidade, así mesmo como a implantación da estación intermodal.

Diante da Cadea vella na rúa Progreso, membros de CxG denunciaron o estado de edificios que se atopan en situacións ruinosas e incluso en perigo de derribo. Ditas instalacións precisan de investimento e iso só se levará a cabo si os inversores teñen seguridade xurídica.

Xosé Mosquera anteporá os intereses dos cidadáns aos partidarios para chegar a un acordo que favoreza o desenvolvemento urbanístico da cidade. Deste xeito pide aos responsables do resto das forzas políticas que firmen un Pacto para aprobación por unanimidade do PXOM no primeiro ano de mandato. O «Pacto do Miño» permitirá a creación de postos de traballo e a dinamización económica de Ourense.