Baltar con representantes de entidades deportivas

O candidato popular á presidencia da Deputación presentoulles as liñas básicas e actuacións concreta en materia deportiva do Plan Ourense 15-19.

 

A Deputación de Ourense asume o deporte como aposta prioritaria. Así o explicou o candidato á presidencia da Deputacion, Manuel Baltar, na sede de O Afiador, ante os representantes de diferentes entidades e clubes deportivos de Ourense e aos que lles presentou as liñas básicas e actuacións concretas en materia deportiva do Plan Ourense 15-19.

Manuel Baltar inciciu en que esta aposta polo deporte asúmea na súa dobre vertente: a canteira e os equipos de máximo nivel, ofrecendo neste senso ao COB a súa máxima colaboración para facer realidade un soño: a volta á elite do baloncesto europeo.

Acompañado do asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González, o candidato popular anunciou que porá en marcha a Mesa do Deporte Provincial como órgano de participación e axuda no no deseño das políticas deportivas do goberno de Ourense; e dispuxo a disponibilidade absoluta do goberno provincial a seguir avanzando en Copas Deputación, axudas a deportistas individuais, clubes e federacións, insistindo no importante papel que desempeña a mellor instalación deportiva da provincia: o Pavillón Paco Paz, propiedade da Deputación.

«O Deporte tamén é Ourense. Ourense é Deporte», recalcou Manuel Baltar na súa explicación das medidas concretas do seu programa de goberno, na que as axudas para contratar técnicos deportivos, escolas de iniciación deportiva, programas de mantemento físico para persoas maiores e o propio mantemento das infraestructuras centraron parte do encontro.