BNG en Penarredonda

Subliña a candidata, Susana García, que “arranxar os barrios non é botarlle unha regada de chapapote ás rúas senón crear espazos para ser vividos introducindo na planificación cuestións relativas á saúde, benestar e medio natural, en definitiva, calidade de vida”.

 

Recorda o BNG que cando estiveron no Goberno municipal barrios como o de Mariñamansa, A Carballeira, San Francisco, O Vinteún e Penarredonda foron obxecto de melloras integrais; «eran barrios esquecidos polos anteriores gobernos do PP e do PSOE e só cando as-os nacionalistas tiveron responsabilidades de goberno foron o centro de actuacións na área de infraestruturas, medio ambiente e mobilidade».

Susana García avanzou que “este é un traballo que queremos continuar a partir do 24 de maio, revitalizar os barrios periféricos e o rural da nosa cidade, incrementando as rúas peonís, complementando a rede de centros cívicos, ampliando as zonas verdes, mellorando as instalacións dos parques e adaptando os elementos de xogo así como protexer e coidar os espazos de uso público que sirvan como lugares de convivencia e lecer, que as veciñas e veciños sintan orgullo do lugar onde viven”.

O presidente da Asociación Cultural de Panarredonda, Eduardo Iglesias Outeiriño, que acompañaba os candidatos do BNG-Asembleas Abertas, confirmaba que o barrio viviu unha transformación dende que foi rehabilitado, aumentou o número de residentes e abriron novos negocios.