Ana Garrido presentou as propostas de lecer para nenos e nenas, que axudará á conciliación laboral das familias ourensás.

 

A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza un programa de actividades para escolares da cidade durante o verán 2015, coa finalidade de achegar propostas de lecer para cativos e cativas durante as súas vacacións ao tempo de axudar á conciliación familiar e laboral.

O programa contou coa participación de 681 nenos e nenas durante o verán pasado, repartidos entre as distintas actividades realizadas durante os meses de xullo e agosto.

No presente ano 2015, a Concellería de Educación do Concello de Ourense abrirá para nenos e nenas de Educación Primaria durante o mes de xullo os CEIP O Couto, CEIP Irmáns Villar, CEIP Mestre Vide e CEIP Prácticas en horario de 9.00h a 14.00h. Estes centros están ubicados en 4 puntos estratéxicos da cidade para abarcar o maior número de nenos e nenas de todas as zonas posibles.

 As actividades que se levarán a cabo nestes centros serán de carácter lúdico e educativo, sen olvidar o deporte.

Tamén durante os meses de xullo e agosto estarán abertas as bibliotecas municipais e a Aula de Natureza para acoller actividades para os cativos e as cativas.

O horario das actividades de animación á lectura nas bibliotecas será de 10.30h a 13.00h (para nenos e nenas de 4 a 10 anos) e o da Aula da Natureza será de 10.00 a 13.00h e de 16.00h a 19.30h, con actividades relacionadas coa natureza e o medio ambiente.

O prazo de inscrición para os centros e a aula de natureza dará comezo o 1 de xuño ás 9.00h na Concellería de Educación e estará aberto durante todo o mes. As inscricións para as bibliotecas faránse nas mesmas de 1 ao 15 de xuño a partir das 10.00h