Manuel Baltar

A transparencia seguirá sendo unha liña estratéxica institucional no vindeiro mandato. Deste xeito, a Deputación Provincial de Ourense continuará á vangarda dos gobernos provinciais de España.

Así o explica o candidato popular á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen lembra que a institución provincial ourensá «foi tamén a primeira en contar cunha unidade administrativa de Transparencia e creará unha séptima área na súa estructura orgánica: a área de Transparencia e Goberno Aberto».

Dentro dos seus compromisos do Programa de Goberno Provincial Ourense 15-19, Manuel Baltar contempla a posta en marcha da primeira plataforma de participación cidadá de España. «A transparencia é compartir toda a información co cidadán e estar en permanente contacto coa veciñanza, como puxemos de relieve coa App móvil e a nova páxina web, onde retransmitimos plenos, mesas de contratación e sorteos de tribunais, sendo os primeiros de España en facelo».

Manuel Baltar argumenta que «a anticipación é fundamental no deseño das políticas públicas, recoller as inquedanzas das persoas ao instante, programar tendo en conta os posicionamentos sociais. É fundamental que a Deputación leve a dianteira e lidere á sociedade ourensá».