votacións

Ás 14 horas, a participación situábase no 32,68%, dous puntos por baixo con respecto aos anteriores comicios.

Un total de 272.372 persoas están chamadas este domingo ás urnas na provincia de Ourense para elixir as novas corporacións nos seus 92 concellos. Ás 14 horas, a participación era do 32,68% na provincia, fronte ao 34,42 % do 2011. Daquela a participación ao final a xornada electoral alcanzou o 74,48%.

Votación de candidatos
O máis madrugador dos candidatos era o de Ourense en Común, Miguel Doval, que votaba ás 9:30 horas na mesa electoral instalada no colexio Manuel Sueiro. Media hora máis tarde facíano o candidato popular, Jesús Vázquez, no edificio Politécnico, e o de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, no colexio da Purísima. A anédocta para este último, pois non atopaban o seu nome no censo; ao final apareceu e votou.

{gallery}stories/eleccions/20150524_votacions{/gallery}

Ás 11 votaba Susana García, candidata do BNG-Asembleas Abertas, no colexio electoral ubicado nos Maristas, e Lito Prado, de Anova, no edificio de Ferro.

A mediodía depositaba o seu voto o candidato socialista, José Ángel Vázquez Barquero, en Franciscanas.

A mensaxe máis escoitada entre todos eles foi a da chamada aos ourensáns a que acudiran ás urnas a votar.

Incidencias
En canto ás incidencias, o máis destacado en Ourense teñen sido as denuncias nas redes sociais por parte de PSOE, BNG e Ourense en Común de carrexo de votos en Rairo, e un escrito de protesta de Anova porque nunha mesa en Mariñamansa permitiuse o voto dunha persoa sen censar. A partir das 8 da tarde coñecerase se se impugna ou non o resultado desta mesa.