Será o domingo 31 de maio ás 12 horas no Auditorio Municipal.

 

Este domingo 31 de maio, o Auditorio Municipal de Ourense recibe á compañía galega La Guagua co seu musical infantil “¡Vivan l@s niñ@s!”, que xa foi galardonado como “Mellor musical infantil 2014” e “Mellor deseño de son” nos premios do público “Broadway World Spain 2014”.

Para Carla Iglesias, directora da compañía, “o éxito de su propuesta radica na mezcla dunha cuidada música orixinal e letras con mensaxes tremendamente positivos, que falan de valores, de hábitos de alimentación saudable, de libros, contos, do fomento da propia identidade dos nenos e nenas…e por riba de todo…soños que se fan realidade. Ademais é un espectáculo vivo, participativo…faremos que os nenos e nenas (e maiores) se poñan en pé e sexan parte do espectáculo ”.

“¡Vivan l@s niñ@s!” básase nas 15 canciones que compoñen o seu disco “Donde diga el corazón”, no que, ademais de tódolos personaxes de La Guagua, participan como artistas invitados a reconocida fadista María do Ceo, Ramil (Operación Triunfo) ou Joaquín Padilla (vocalista de Iguana Tango). Capitán Desastre, Monsterchef, Hada ou François son algúns dos personaxes que aparecen en “¡Vivan l@s niñ@s!” e que farán gozar cas súas aventuras, cancións, xogos e bailes, nun espectáculo participativo e para toda la familia.

As entradas, que teñen un prezo de 5 euros, poden mercarse xa na web www.ataquilla.com e na sede Afundación de Ourense. Tamén estarán á venda na billeteira do Auditorio o día da función dende as 10 da mañá.