Os membros das Novas Xeracións recollen tapóns de plástico para axudar a un mozo limiao que precisa unha cadeira de rodas.

 

Novas Xeracions do Partido Popular de Xinzo de Limia comeza unha nova campaña solidaria. Depois das campañas de recollida de alimentos, xoguetes e libros de texto, esta vez consiste na recollida de tapóns de plástico para axudar a conseguir unha cadeira de rodas a un mozo limiao que precisa dela para a súa mobilidade.

O presidente de NNXX en Xinzo de Limia, José Antonio Parente, fai un chamamento ós veciños e veciñas do concello de Xinzo e da comarca «para que colaboren e así entre todos podo obter esta cadeira de rodas moi necesaria para mellorar a vida a este mozo limiao».