O club vén de firmar co xogador Iago Garrido e estrear a web.

A Unión Deportiva Ourense faise cos servizos de Iago Garrido. Procedente do Verín, co que acadou o ascenso a Terceira este ano, o mediocentro dará experiencia ao equipo.

Con pasado «rojillo» militou, ademais do Verín, no Lemos, Arenteiro, Sporting Celanova. Formouse no Pabellón.

Agora falta coñercer os seguintes reforzos para completar unha plantilla que se vai pechando de cara á tempada que vén. Con Garrido chegan ao club do Couto Samuel Vázquez, Julio, Otero, Cote, Cristian Dacosta e Jorge.

Web
O club acaba de presentar a súa web. www.udourense.com será o dominio oficia da entidade. Nela poderase consultar a historia e organigrama do club, ademais de resultados e clasificación da UD Ourense, como as novas máis salientables. Será a ferramenta oficial do club que en breve terá aplicación para móbiles.

Ramón Dacosta
Unha vez deixado o club como futbolista, Ramón Dacosta será o décimo quinto directivo da entidade. Tanto o xogador como desde a propia directiva barallaron a opción de contar con el no Consello de Administración.

Esta nova incorporación será ratificada na próxima asamblea que ten data de 25 de xuño.

Outros puntos na orde do día desta última asamblea do primeiro curso da Unión Deportiva Ourense serán o cambio de dirección da sede social; a memoria deportiva deste primeiro curso; aprobación da liquidación do orzamento deste ano, da cota de socios e abonados e orzamento da vindeira tempada; e a proposta deportiva para a 2015-2016.