O paseo permanecerá pechado aos viandantes durante os días laborables.

 

A execución das obras de construción da nova estación depuradora de augas residuais, que realiza Aquaes requerirá prolongar ata final do presente mes de xuño o peche durante os días laborables do Paseo das Ninfas, en Reza, no tramo comprendido entre a depuradora actual e a que se está a construír. Este treito do paseo seguirá estando aberto durante as fins de semana, como na actualidade.

A ruta peonal volverá estar dispoñible os sete días da semana a partir do día 1 de xullo, unicamente con algún pequeno corte puntual, en caso de que as circunstancias o fagan necesario por motivos de seguridade.

As obras, que executa Acuaes, son resultado dun convenio asinado por Acuaes, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución e explotación das obras da actuación mellora do saneamento de Ourense, EDAR de Ourense.

O investimento das obras é de 49 millóns de euros, cofinanciados por tres administracións; 36.750.000 por parte da Administración Central, a través de Acuaes, 10.109.000 por parte da Xunta de Galicia e 2.141.000 por parte do Concello de Ourense