Presentación curso universitario en Xinzo

A localidade limiá acollerá o curso «Galaicos: A Auga e o Alén» do 30 de xuño ao 3 de xullo.

Vén de presentarse na Casa da Cultura de Xinzo, a publicación 2014 das Actas dos Cursos Universitarios celebrados na localidade: “Hidacio da Limia e o seu tempo: A Gallaecia Sueva” e “A Limia na época medieval”, por parte do seu director, Fermín E. Pérez Losada.

Así mesmo, no mesmo acto tamén se presentou o curso de extensión universitaria “Galaicos: A Auga e o Alén”, que se impartirá os días 30 de xuño e 1, 2 e 3 de xullo na Casa da Cultura limiá. Este curso proporciona dous créditos de libre elección.

Os interesados en matricularse poden facelo no Campus de Ourense, no 988 38 71 02 ou en http://vicou.uvigo.es/cursos-de-veran.