O centro limián ofrece profesinais titulados das familias de Administración e Agraria.

O IES Cidade de Antioquía pon en marcha unha bolsa de emprego coa finalidade de ofertar ao conxunto de empresas e entidades os alumnos que obtiveron as titulacións correspondente das familias profesionais de Administración e Agraria.

Entre as titulacións que ofrece o IES da Limia atópanse: técnico superior de Administración e Finanzas, técnico auxiliar administrativo, técnico superior en Xestión Forestal do Medio Natural, e técnico en Aproveitamentos e Conservación do Medio Natural.

As empresas interesadas en solicitar demandantes de calqueira titulación, poden facelo cumprimentando un sinxelo impreso que poden descargar da web www.edu.xunta.es/centros/iescidadeantioquia e remitilo ao correo electrónico bolsaempregoantioquia@gmail.com ou por fax nos números 988 460 519 e 988 550 677.

Seguidamente, enviaránselles os datos dos tres perfís máis acaídos á petición feita, e a empresa seleccionará o máis axeitado.