Verónica Tellado

Dous na nosa provincia: o Camiño do Interior ou de San Rosendo e o Camiño da Vía Nova.

 

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, destacou durante unha xornada técnica a colaboración da Xunta de Galicia, xunto coa Administración do Estado, no desenvolvemento de tres Camiños Naturais, que son unha oportunidade para o desenvolvemento da economía rural.

Segundo explicou, na actualidade, trabállase na última fase de desenvolvemento do Camiño natural do Cantábrico, o Camiño do Interior ou de San Rosendo e o Camiño da Vía Nova. Estes traballos, nos que se invisten máis de 4 millóns de euros, permitirán definir itinerarios de longo perrecorrido que vertebran o noso territorio e que son unha mostra importantísima do valor natural e patrimonial de Galicia.

A directora destacou que desde o ano 2007 a Xunta de Galicia, en colaboración e coordinación co Ministerio de Medio Ambiente, ten avanzado de forma significativa na recuperación de antigas vías, camiños e senda utilizados polos nosos antepasados, e que agora en desuso, están chamados a ser un motor de desenvolvemento rural.

Recordou que estas rutas son o camiño natural das Rutas ecolóxicas do río Catoira, Camiño das Sendas de Ábalo, o do Río Barbatiño, o Camiño natural de Carballeda de Avia e, por último, o camiño natural da Ribeira Sacra, que recorre a comarca enclavada entre os ríos Sil e Miño. Todas estas rutas suman un total de 685 quilómetros.

Por último, sinalou que estes itinerarios están chamados a ser útiles para facer a pé, en bicicleta ou ata en cabalo, por veciños e veciñas e tamén polos turistas que veñen a Galicia chamados cada vez máis polo turismo de natureza ou ecoturismo.