Presentación do campamento urbano de AEVER

AEVER busca dinamizar o comercio organizando o seu campamento urbano entre o 24 e o 27 de agosto.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, a concelleira de Turismo, Purificación Caldelas, o presidente de AEVER, Santos Álvarez, e o xerente do colectivo, Xosé Ángel Rodicio, presentaron na Casa Consistorial de Verín o Campamento Urbano 2015 que se celebrará os días 24, 25, 26 e 27 de agosto, en horario de mañá, na localidade.

Este conxunto de actividades variadas, enfocada a menores dende os 6 anos en diante, está organizada por Asociación de Comerciantes De Verín (AEVER) coa colaboración do Concello de Verín, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a AEVER poidan facer os seus comprar mentres os seus fillos se divirten no campamento.

O campamento urbano, que ten un custo de 30 euros, terá un sistema de tíckets desconto para adquirir a entrada as actividades. Cada vez que un cliente compra nalgún dos establecementos asociados ao AEVER conseguirá tíckets desconto (Cada tícket ten un valor de 3 €) segundo o valor da súa compra. A data límite para cambiar os tíckets pola entrada será o 21 de agosto.

Esta iniciativa constará de varias actividades. O luns 24, na praza Maior, instalarase unha ludoteca cun inchable xigante, un jumping acrobático, inchables de terra, un touro mecánico e inchables deportivos; o martes 25 na praza da Mercé, os rapaces gozarán dunha busca do tesouro e realizarase unha xinkana fotográfica; o mércores 26 na praza do Concello nstalarase un circuíto de karts inchable, una táboa de surf mecánica, realizaranse tatuaxes e haberá unha pista de golf con obstáculos. E finalmente o xoves 27 na praia fluvial celebrarase unha festa de inchables acuáticos, festa da escuma e talleres e xogos variados.

As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo, os días 20 e 21 de agosto, na oficina de AEVER (Pedro González Prada, 5) de 10 a 12 horas.