O portal web está dirixido a todos os comerciantes e/ou empresarios que desenvolvan a súa actividade no termo municipal de Celanova.

 

Conscientes de que, cada vez con máis evidencia acontece que o que non está na rede non existe e co obxectivo de contribuír á dinamización económica e social de Celanova, a Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova promoven, con esta iniciativa, que todos os negocios do seu municipio, independentemente da actividade que desenvolvan, poidan contar cun espazo propio en Internet dende o que poder dar a coñecer a súa oferta comercial.

A presentación terá lugar o próximo luns, día 17, ás 20,30 horas no Auditorio Municipal de Celanova (AMIC) e contará coa presenza do presidente da Fundación Curros Enríquez e alcalde da localidade, José Luis Ferro Iglesias e de Jesús Huertas Duque, consultor e autor do libro «Y ahora, ¿vendemos o qué?, quen realizará a ponencia “Xuntos somos máis” e coa que o experto en coaching, formación, comunicación e recursos humanos tratará de motivar e incentivar aos empresarios para que se sumen a esta nova proposta. Ademais, o equipo de compraencelanova mostrará aos comerciantes as microwebs e vídeos corporativos xa realizados.

Con esta iniciativa, na que 60 establecementos xa firmaron o seu compromiso de adhesión, a Fundación Curros Enríquez pretende incorporar aos comerciantes de Celanova ao mundo das novas tecnoloxías e conseguir que todos os negocios do término Municipal de Celanova teñan presenza na rede.