Actuación no Castelo de Monterrei

A fortaleza de Monterrei acolleu este venres unha nova xornada do programa ‘Vive o Castelo’, a cuarta xa deste conxunto de actividades lúdico-culturais promovidas por Turismo de Galicia.

Nesta nova xornada de ‘Vive o Castelo’ a fortaleza acolleu o programa «Un Castelo de Conto» desde as 20:30 horas cun gran éxito de participación. O programa completouse coas visitas guiadas teatralizadas antes e despois da actuación desa xornada máxica na que os participantes puideron descubrir os recantos do castelo a través dos contos e da música.

A primeira actuación dun «Castelo de Contos» correu a cargo dos Quinquilláns, unha compañía especializada desde os seus inicios no teatro de rúa e infantil.

A outra actuación da xornada protagonizouna Daboapipa, un grupo composto por Vero Rilo e Santi Prieto no que fusionan o mundo da infancia coa palabra e a música.

O programa completouse coa actuación de Paco Nogueiras, un músico e actor que sempre estuivo ligaro ao mundo do teatro e a música.

Vive o Castelo
O programa ‘Vive o Castelo’ completarase cunha quinta xornada o próximo 20 de agosto no que terá lugar «Música no Castelo». Os visitantes que se acerquen ata o castelo o próximo xoves poderán gozar de balde das actuacións de Guadi Galego, unhas das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia e de Guezos, unha banda de pop-folk ourensán que tamén traballa ritmos de rumba, rock, ska e reggae.