O venres, 11, a cargo do seu autor, Domingo Herbella.

O vindeiro venres 11 de septembro, ás 19:00 horas, O escritor Domingo Herbella Rivero presentará a súa obra «Los demonios de un ángel – segunda parte-” na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín.

Con este segundo volume da súa obra, o autor quere mostrar unha nova forma de comprender a vida en estado material. Herbella busca mostrar ao lector a manipulación da sociedade manifestando o abismo social ao descuberto. A obra condúcenos, a xeito de guía, a través dunha nova forma de concibir, e cambiar, o que un cre acertado e que, non obstante, non é máis que unha ilusión producida polo prisma das convencións sociais.

O primeiro capítulo mostra a reacción dun espertar neste mundo. Para o protagonista é moi difícil abstraerse da realidade que se descobre ante os seus ollos. Os seguintes capítulos trasladan o lector á zona máis sombría do ser, na cal todos podemos caer.