As representacións terán lugar na Casa da Cultura do 3 de outubro ao 7 de novembro.

A Asociación Cultural “La Caja de Pandora” de Verín organiza por sexto ano o Festival de Teatro Afeccionado “Entreculturas”, que traerá ata a Casa da Cultura da localida, do 3 de outubro ao 7 de novembro, a grupos teatrais de toda a comunidade galega así como de Portugal.

Programa
O festival dará comezo o sábado 3 de outubro coa obra “Carmelo e as veciñas” do Grupo Aneis de Xinzo. O día 9 será o turno de “Es la guerra. As troianas”, a cargo do Grupo A tecedora de soños de Verín. “Lurpias”, do Grupo Garballada do Barco de Valdeorras, será a representación do día 10 de outubro; e “A zapateira”, da Asociación Cultural A Ruada (da Rúa), a do día 17.

O 24 de outubro, a Asociación Cultural Vai Avante, de Gondomar (Portugal), traerá a Verín “Uma bomba chamada Etelvina”; e o día 31 os anfitrións, La Caja de Pandora, dará vida a “Sempre nos quedará Venecia”.

Por último, pechará o festival o 7 de novembro a Asociación Cultural Charamela de Melide con “Se o sei non volvo a casa”.

Todas as representacións terán lugar ás 20:30 horas.