A Unión Deportiva Ourense despois de dúas derrotas a domicilio regresa ao Couto onde venceu por goleada no único partido que leva como local. O encontro terá lugar este domingo a partir das 17.30 horas.

Dúas derrotas a domicilio e unha vitoria como local. Esa é a bagaxe da Unión Deportiva Ourense nas tres xornadas disputadas na Liga. Perdeu a domicilio contra o Arnoia e o Palmes e golegou no Couto ao Palmés.

Na cuarta xornada regresa ao seu campo no partido que o enfronta ao Santa Teresita, actual segundo clasificado. Os homes de Antonio Dacosta queren encomendarse á súa afección para sacar adiante os encontros como locais. Puntuar no Couto é vital para os unionistas no seu obxectivo do ascenso a Primeira.

Para Dacosta é importante sumar os tres puntos, xa que «moitos equipos están a sumar e non queremos distanciarnos deles». O técnico xa o leva avisado durante a pretempada: «este ano non se vai a gañar coa solvencia do pasado».

Baixas
Dacosta laméntase da situación da plantina na que «temos moitos xogadores que están lesionados» aínda que é «algo que lle ocorre a todos os equipos». Ademais de estar «algún xogador da plantilla estando fóra» o que fai que os adestramentos «non sexan da calidade que necesitamos», explicaba o técnico franxivermello.