Convocada por Stop Desafiuzamentos para este sábado ás 12 horas ante a Subdelegación do Goberno.

 

Stop Desafiuzamentos Ourense convoca aos ourensáns a unha concentración este sábado 26 de setembro, ás 12 horas, diante da Subdelegación do Goberno para amosar a súa solidariedade coa familia de Carlos Midón, veciño de Aríns e membro de Stop Desafiuzamentos Compostela que se suicidou, por motivos económicos, este 21 de setembro, cando se cumpría un ano de que fose obrigado a abandonar a súa vivenda.

Dende a plataforma son críticos coa indiferencia das autoridades ante o feito de que unhas “nefastas condicións de vida ás que estamos sometidos a maioría social siga a levarse vidas por diante”.