A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca, para o luns ás 20 horas ante a Subdelegación do Goberno, unha xuntanza en rexeitamento da nova normativa aprobada este martes polo PP.

A Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto convoca a toda a cidadanía a participar nas concentracións que terán lugar o luns 28 de setembro ás 20 horas en varias prazas do país (en Ourense terá lugar ante a Subdelegación do Goberno), con motivo da conmemoración do Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto.

Este colectivo busca amosar o seu rexeitamento á lei publicada o pasado martes no BOE, que “desposúe ás mozas do seu dereito a decidir sobre os seus corpos, e que foi aprobada polo PP para contentar ao seu electorado máis conservador, agora que estamos ás portas das eleccións xerais”, denuncian.

Ao tempo, reivindicarán os dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, identificando aqueles que existen no marco legal, mais na práctica non se están a garantir.