O Ourense Envialia recibe ao Móstoles ás 17 horas e o Sala Ourense ao Boal a partir das 19.30 horas. O Cidade As Burgas visita ao Poio.

Este sábado, tarde de fútbol sala na cancha central dos Remedios. O primeiro encontro será o partido de Primeira División que xoguen as pupilas de Chipi.

O Envialia que ben de perder en Murcia fronte o Roldán quere resarcirse e sumar os tres primeiros puntos na competición. O rival será un Móstoles que leva uns anos sen optar a grandes cotas a pesar da potente plantilla que ten. As ourensáns buscarán levar o tempo do partido desde a defensa.

O outro conxunto ourensán da Primeira División, o Cidade As Burgas, tamén quere acadar os tres primeiro puntos despois de caer derrotado estrepitosamente na primeira xornada fronte o Futsi. O Poio será o rival nunha cancha na que sempre e complicado puntuar. Os seareiros do Poio empurran durante todo o encontro ao equipo.

Sala Ourense
O Sala Ourense estrease na Segunda División B como local. O rival dos ourensáns será o Boal de Asturias. O encontro dará comezo ás 19.30 horas na central dos Remedios. O Sala Ourense quere acadar os primeiros puntos logo de perder (3-1) na primeira xornada contra o Universidad de Valladolid.