O curso dará comezo o 5 de outubro.

O campus de Ourense oferta, entre os seus obradoiros para o primeiro cuadrimestre do curso 2015/16, o obradorio «Na procura dos misterios de Osiris. Cultura e escrituras do Antigo Exipto».

O obradoiro introduciranos na cultura do Antigo Exipto a través da súa escritura mais coñecida o xeroglífico. Dentro da
cultura exipcia centrarase no feito que mais interese esperta da cultura do Val do Nilo, a morte. «O mais aló, os
misterios osiriacos, o Xuicio na sala das “Duas Maat” … ideas e crenzas que si ben, a simple vista, parecen distantes da
nosa cultura, unha vez analizadas mostrarannos que son os alicerces da concepción occidental da morte deixando unha
impronta clara no mais aló galego: imaxes do Xuizo Final en igrexas da Ribeira Sacra ou nos monumentos as aímas do norte de Portugal e sur de Galicia, os Petos de ánimas…»

A  docente será a exiptóloga Mª Euxenia Muñoz e o obradoiro impartirase no Edificio de Facultades. Son 30 horas de formación, con sesións os luns, mércores e xoves de 20 a 21 horas.

Máis información e inscricións en http://vicou.uvigo.es/obradoiros