Campaña Fed. Comercio

A Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Ourense, presentaron unha campaña de dinamización do consumo na cidade.

 

Baixo o lema “As compras na túa vila teñen premio”, desenvóvelse na cidade dende hoxe luns, 28 de setembro e ata o 9 de outubro. A iniciativa premiará con 4.000 euros a confianza no comercio retallista ourensán, sorteándose 5 tarxetas regalo de 300 euros e 25 tarxetas regalo de 100 euros.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional de Ourense poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na rúa Paseo ou ás promotoras que se atoparán polas rúas da cidade, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 9 de outubro, nunha carpa ubicada na praza Eugenio Montes, dentro do programa dunha festa final de campaña que contará coa actuación do mago Rei Midas. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.

A campaña será publicitada nos establecementos de Ourense, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.

A oitava edición de  “As compras na túa vila teñen premio” está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, ABANCA e o Grupo Femxa.

A presentación contou coa presencia da directora xeral de Comercio, Sol Vázquez; do presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; o seu homólogo na Federación de Comercio de Ourense, Aurelio Gómez; e o director de zona Ourense centro de ABANCA, Carlos Diez; e unha representación do Grupo Femxa.